Profesorado

Dende a sua fundación en 1987, e ininterrumpidamente, o profesor de gaita e de percusión da banda de gaitas "A Carballeira" é o seu director Carlos González Pérez. O seu bo facer, os seus amplos coñecementos musicais e a sua vocación pola ensinanza permitiron que a gran maioría dos alumnos que pasaron pola escola de gaitas e percusión "A Carballeira" adquiriran unha sólida base musical. Dita base permitiu que moitos deles puideran graduarse en distintos niveis e Conservatorios de Música Profesional en distintos instrumentos como gaita, percusión, clarinete, piano, violín, etc.



Así mesmo, dita base foi esencial para que moitos dos membros da banda de gaitas "A Carballeira" se converteran en profesores i expertos instrumentistas que colaboran con Carlos González Pérez na formación dos novos integrantes que, ano tras ano, se incorporan á banda de gaitas "A Carballeira".



Tanto Carlos González Pérez coma os profesores compoñentes da banda de gaitas "A Carballeira" imparten ou impartiron cursillos e clases mestras, fan ou fixeron afinacións de instrumentos e dan ou diron clases de gaita e/ou percusión en distintas bandas e/ou grupos de gaitas galegos por todo o mundo. Actividades éstas que lles son requeridas diariamente por un alto número de escolas de gaita e percusión. Actualmente, varios deles dan clases noutras escolas de gaita e percusión de España e Portugal aproveitando a sua condición de residentes en Ourense, Vigo, Santiago, Salamanca, Madrid, A Coruña, Verín, etc.